O ADN cambia en cada xeración.

Non hai dúas persoas que saquen as mesmas conclusións ao leren un mesmo libro, xa que cada unha interpreta as frases dacordo cos seus recordos e a súa forma de pensar. Cos xenes pasa algo parecido: aínda que case todas as células dunna mesma persoa compartan a mesma información, hai una gran variedade que se diferencia precisamente no xeito de ler as secuencias dos xenes.

As células len unha cousa ou outra en función da epixenética, un conxunto de etiquetas do ADN e de mecanismos de regulación que encenden e apagan xenes. Por exemplo, as células do ril non len a información das células dos ósos. Isto é moi importante e complexo durante o desenvolvemento embrionario, un proceso no que se pasa dunha célula «pouco regulada», a un organismo composto por moitos tipos celulares e máis regulado. Un grupo de investigadores da Universidade de Cambridge describiu con exactitude como nun momento dado algunhas células do embrión se resetean e perden as marcas epixenéticas. O estudo, publicado na revista «Cell», describe como se reprograman as células xerminais do embrión, que permitirán xerar os gametos, e ademáis suxire que algunhas zonas do ADN non se resetean para evitar que algunhas secuencias produzan enfermidades.

Os investigadores cren que as células xerminais son reprogramadas entre a segunda e a novena semana do desenvolvemento embrionario. Durante ese proceso, unha rede de xenes actúa para resetear los patróns de metilación do ADN. Isto permite entender o funcionamento das células.

A célula resultante da fecundación sofre un reseteo do seu epixenoma e pode converterse en cualquera outra célula. A medida que se desenvolven as células, diferéncianse e adquiren o seu propio código epixenético. Pero nun momento dado, algunhas vólvense resetear para no futuro permitir que o novo individuo produza gametos, tratando de silenciar los xenes perxudiciais.

Ahora, os investigadores atoparon que o 5% do ADN das células non se reseteaba e que permanecían coas súas esposas epixenéticas, coma se fora importante que pasaran dunha xeración a otra sen sufrir cambios. Curiosamente, ao analizalas, atoparon que estas secuencias de ADN estaban asociadas a xenes neuronais e a fenómenos como a esquizofrenia, os desordes metabólicos e a obesidade.

Os investigadores sospeitan que se unha pequena parte dos xenes das células xerminais primordiais non sofren o seu reseteo epixenético é por algún motivo. Opinan que quizáis sexa porque estén silenciando secuencias de ADN que ao liberarse das súas esposas poderían ter efectos negativos sobre o organismo.

Despois de secuenciar o xenoma e analizar as súas metilacións en embrións humáns, os investigadores atoparon que unha boa parte destas rexións que non se resetean correspóndense con ADN basura. Este comprende a metade do xenoma humano e ten un importante papel na epixenética e no patrón de regulación dos xenes. Pode actuar coma un motor da evolución e ter efectos beneficiosos, pero tamén negativos, xa que pode interferir no funcionamento dos xenes. Por iso hai que seguir investigándoo.

Os riscos da intelixencia artificial.

Moitas veces escoitamos falar dos perigos da intelixencia artificial. Todos lembramos as polémicas declaracións de Stephen Hawking sobre que a intelixencia artificial acabaría coa raza humana. Nesta entrada trataremos de novo o tema, mais desde outro punto de vista: ¿que nos di Avengers: Age of Ultron sobre os riscos da intelixencia artificial?

Por se non a coñecedes, aquí vos deixo o trailer para que lle botedes un ollo. Tamén vos deixo un enlace á sinopse e unha crítica á película:

Despois de facernos unha idea da película, podemos comezar a falar dela:

Ultron é un robot intelixente, creado para liberar ao mundo de todos os males e conseguir que os Avengers non teñan rozón de existir.: se a tecnoloxía pode acabar cos malvados, non son necesarios os heroes. Todo parece lóxico, o super-Robot intelixente ten o intelecto e a habilidade necesaria para rematar con todos os males que afectan á humanidade… Ata que algo sae mal.

A típica paradoxa na que o alumno supera ao mestre: Ultron adquire un intelecno sobrenatural e vólvese na contra do seu creador e de toda a raza humana. A indea era moi boa, pero Ultron vólvese máis hábil, máis forte e máis rápido que os homes, aínda que non ten consciencia humana.

E aquí entran os Avengers, a salvar ao mundo. A trama da película continúa entre os Vengadores, Ultron e algún outro robot na loita contra o inminente risco que implica a intelixencia artificial para a raza humana.

Avengers: Age of Ultron non é a primeira película que manifesta este perigo. Fai uns anos saíu no cine o éxito de taquillas Yo, Robot, unha adaptación cinematográfica de Isaac Asimov, protagonizada por Will Smith. Pero máis alá da cultura popular no cine e na televisión, algúns científicos importantes tamén se posicionaron en contra do desenvolvemento da intelixencia artificial.

É o caso de Stephen Hawking, que en reiteradas ocasións se manifestou máis que escéptico a este tipo de desenvolvemento tecnolóxico ne incluso chegou a dicir que a intelixencia artificial podería rematar coa raza humana en calquera momento do futuro próximo.

Científicos españois atopan un xeito de rematar coa inmortalidade do cancro.

Cando certos xenes reguladores deixan de funcionar, as células apártanse do camiño establecido. Comezan a multiplicarse moy rapidamente e provocan danos ao organismo que as desenvolveu. Para iso, estas células malignas sofren unhas transformacións que as fan inmortais. Rexeneran os seus telómeros, que son os extremos dos cromosomas nos que se atopa o material xenético, para poder dividirse un ilimitado número de veces.

Agora, un equipo de investigadores españois do CNIO, que forman parte do grupo de María Blasco, desenvolveu un mecanismo para atacar aos telómeros das células tumorais e deter o cancro. O remedio consiste en bloquear unha proteína protectora destes telómeros, a TRF-1, sen afectar ao mecanismo das células sanas. A investigación foi publicada na revista EMBO Molecular Medicine, e creouse un fármaco experimental que bloquea o cancro de pulmón en ratos de laboratorio.

O traballo realizouse con ratos afectados co cancro de pulmón debido a que é unha das variedades que ten maiores tasas de mortalidade no mundo e para o que non existían ata agora curas terapéuticas eficaces, é dicir, obxectivos específicos aos que atacar con fármacos.

Ao principio, os científicos tiñan medo de que ao atacar os telómeros das células tumorais tamén se danasen os telómeros das células sanas, e por iso este fármaco non se probara ata agora. Pero ao poñelo a punto, conseguiron matar as células canceríxenas e bloquear o desenvolvemento dos tumores, cuns efectos secundarios soportables.

O seguinte paso, segundo María Blasco, é desenvolver estes compostos a fases máis avanzadas para que se poidan probar en persoas. Co apoio económico axeitado, lograremos deter o desenvolvemento dos tumores a través dun medicamento que se poida administrar oralmente e teña poucos efectos secundarios.

O manuscrito orixinal da teoría da relatividade de Einstein.

Se falamos de teorías famosas, unhas cantas véñennos á cabeza como fundadoras do noso coñecemento do mundo. A teoría da evolución, a teoría do psicoanálise ou a teoría da relatividade son bos exemplos disto.

Concretamente a teoría da relatividade foi un dos descubrimentos máis importantes do século XX. Grazas a ela, Albert Einstein é hoxe o científico máis importante da física contemporánea.

Nesta entrada non explicarei as particularidades da teoría,  pero vouvos amosar algo impresionante: o manuscrito orixinal da teoría da relatividade, escrito do puño e letra de Albert Einstein.

A Academia de Ciencias e Humanidades de Israel, en Xerusalén, cumpliu 50 anos no 2011, e festexouno cunha interesante exhibición na que se mostra o manuscrito orixinal da teoría da relatividade de Einstein. O manuscrito foi publicado en 1916 e consistía en 46 páxinas que agora están totalmentes dispoñibles para o público en Israel.

Sobra dicir que a importancia deste manuscrito é vital para as concepcións actuais da física, xa que é a primeira edición da teoría que permitiu comezar a comprender a expansión do universo.

   

Hanoch Gutfreund, o director do comité académico dos Arquivos de Albert Einstein da Universidade Hebrea (que posúe unha colección completa dos papeis de Einstein) afirmou que o descubrimento da teoría cambiou o noso entendemento do espazo, tempo, gravidade… E de todo o Universo, en realidade.

Aumentar a nosa esperanza de vida.

Todos morreremos algún día. Moitos desexarán vivir moitos anos para disfrutar a vida. Pero como facelo?

Existen sete trucos, cientificamente comprobados e moi sinxelos, que aumentan a nosa esperanza de vida.

1. Deixar de fumar.

As persoas que fuman teñen máis posibilidades de padecer cancro e problemas de corazón, pero ademais, cada cigarro que fuman diminúe a súa esperanza de vida notablemente.

2. Non deprimirse por envellecer. 

É lóxico tomarse mal as primeiras canas ou arrugar, pero deprimirnos por envellecer farannos vivir menos. As persoas optimistas respecto á súa vellez viven sete anos máis que as pesimistas.

3. Buscar unha parella. 

A soidade é deprimente e insalubre. As perdsoas emparelladas (casadas ou que manteñen relacións longas) viven dez anos máis que as que están solteiras toda a súa vida.

4. Durmir o necesario.

As persoas que durmen menos de sete horas diarias, fanlle dano ao seu corpo e teñen menos posibilidades de ter unha vida moi longa que os que as durmen.

5. Ter unha vida social intensa.

Ter amigos axuda a sentirse acompañado e a vivir moito máis. Non ter amigos ou vida social equivale a fumar quince cigarros diarios, con respecto á lonxevidade dunha persoa.

6. Manter unha vida sexual activa.

As persoas que non teñen sexo con regularidade ou que manteñen relacións sexuais insatisfactorias viven menos. Aquelas persoas que teñen orgasmos frecuentemente diminúen nun 50% as posibilidades de ter unha esperanza de vida curta.

7. Facer exercicio. 

Exercitarse de forma regular, aínda que non sexa moi intensamente, teñen unha vida máis longa que os sedentarios. As persoas que non fan exercicio viven nove anos menos que os que si o fan. Non é necesario facer maratóns, basta con saír a andar, bailar ou realizar algunha actividade suave.

Se seguimos estes consellos, non só crecerán as nosas posibilidades de chegar a unha idade avanzada, senón que tamén teremos unha existencia máis sa e agradable.

A domesticación dos cans.

A orixe da domesticación dos cans é un interesante debate científico. Esta semana, a revista Science publicou unha reportaxe sobre os cans na que se fala tamén de como se convirteu do mellor amigo do home.

En 1907, o científico inglés Francis Galton que os cans entraron nas nosas vidas cando os nosos antepasados adoptaron como mascotas unscachorros de lobo. Esta hipótese foi aceptada durante décadas, pero os científicos decatáronse de que o proceso de domesticación debeu levar moito máis tempo.

En 1977, atopouse en Israel un home enterrado baixo unha casa de 12.000 anos de atigüidade que tiña un can entre os seus brazos.Isto suxeriu que os cans foron domesticados en Oriente Medio, pouco antes do inicio da agricultura. Sen embargo, atopáronse máis cráneos en Rusia e Alemaña 4.000 anos máis antiguos, o que quere dicir que os cans acompañaron aos nosos antepasados cando aínda eran cazadores-recolectores.

Independentepente do lugar e do momento, o que cree a maioría dos investigadores é que os cans deron o primeiro paso para ser domesticados. Os lobos aproveitaban os restos que os homes deixaban nos seus asentamentos. Xeración tras xeración, as crías destes lobos foron collendo confianza cos homes ata que un deles comeu da súa man.

E así comezou a segunda fase. Os seres humanos decatáronse de que os cans podían ser útiles e criáronos para convertelos  en mellores cazadores, pastores e guardiáns. Estudando ósos antiguos de cans e lobos, os investigadores descubriron que os cans foron empregados para cargar peso e que probablemente levaban bridas para tirar dos carros. Estes servizos puideron resultar cruciais para a nosa supervivencia.

O vendado de pés chino.

Como sabemos, moitas culturas teñen cánones de beleza diferentes entre elas. En China, durante varios milenios, considerouse que as mulleres debían ter os pés moi pequenos. Para isto practicábase o vendado de pés, unha costume que existe aínda hoxe e que é extremadamente dolorosa.

Coma calquera outra parte do corpo, os pés densenvólvense a medida que medramos ata chegar á talla adulta. Na Antigua China as mulleres non podían ter os pés de tamaño e forma normais.

Sendo nenas, vendábanselles os pés ás rapazas para que os tivesen máis pequenos e con forma de loto, para atraer a posibles maridos. O proceso era terriblemente doloroso. Para acadar a deformidade do pé desexada, vendábanse os dedos máis pequenos ata facelos quedar baixo a planta, en forma de arco, de xeito que se aplastasen ó camiñar. Facíase outro arco para achegar o talón aos dedos, e así o pé tomaba unha forma curva antinatural. Logo, os pés vendados metíanse en zapatos moi pequenos que axudaban a darlles a forma desexada.

Crese que esta costume provén do período das Cinco dinastías e Dez Estados no Século X e débese a que a concubina preferida do emperador, que bailaba para el nun escenario con forma de loto, decidiu vendar os seus pés para darlles esa forma mentres danzaba. Outras mulleres comezaron a imitala e crearon un tópico de beleza que pasou aos estratos máis pobres, os campesiños. Estes imitaron o comportamento dos ricos coa fin de atopar un home mellor para as súas fillas.

Ás rapazas vendábanselles os pés ó cumplir os seis anos, nunha cerimonia especial. Nun inicio, o vendado era aínda peor, con cintas nos tobillos para romper os ósos e que o pé tomara a forma desexada, Tres anos máis tarde pasaban ó vendado normal, que levarían durante o resto da súa vida.

Tiveron que pasar dez séculos ata que en 1912, a práctica do vendado de pés declarouse ilegal. Aínda con esto, moitas familias seguiron coa práctica. Deixou de pregarse definitivamente grazas á modernidade, á migración do campo á cidade e á introdución da cultura occidental na oriental.

Hoxe case non quedan mulleres cos pés deformados polo vendado. A maioría sente vergoña, e aínda que parte da deformidade pode correxirse con ciruxía, é algo custoso.

Se ben xa non se existe esta práctica en China, actualmente moitas mulleres sométense a implantes mamarios, xa que os peitos grandes son o novo ideal de beleza. Isto demostra que sempre haberá unha forma de modificar o noso corpo para axustarse ao tempo e ás modas.

Eclipse de sol e superlúa.

Hoxe, 20 de marzo de 2015, comeza a primavera. Este ano, o equinoccio ven acompañado dunha eclipse e dunha superlúa. O eclipse deixouse ver en España desde as oito da mañán, e chegou a tapar ata o 75% do Sol.

Ademais da eclipse, o equinoccio aínda nos ten gardada unha sorpresa para a noite. As 23:45 horas producirase o cambio de estación, e o Sol estará más preto da Terra do que estivo en todo o ano. Pero a lúa será a encargada de festexar isto. Veremos aparecer unha superlúa no ceo, sempre que as nubes non nolo impidan.

Este fenómeno das superlúas, que se chama en realidade lúas de perixeo, prodúcese cando a Lúa chea está no seu punto de máxima aproximación ó noso planeta. Entón, a Lúa vese máis grande e brillante do normal.

A superlúa verémola no ceo, pero a súa acción verase reflexada no mar. Debido á súa proximidade produciranse mareas vivas, xa que a atracción gravitatoria do satélite é maior canto menor é a distancia e influe de xeito característico nas augas. Todas as lúas cheas revolucionan o mar, pero cas superlúas hay unha maior diferencia entre as mareas altas e baixas.

Para quen non lle interese o ceo tamén é un día de celebración, posto que coa primavera chega o bo tempo. Hai máis horas de sol e os días alónganse, o que permite facer plan ó aire libre. A única pega desta estación son as choivas e as alerxias.

Dentro de pouco as plantas comezarán o seu proceso de polinización e as persoas alérxicas poderán notar o polen flotando no ambiente. As persoas máis delicadas poder recorrer aos medicamentos. Aínda así, faranse predicción dos niveis de polen, que varían cada ano en función das choivas de outono e inverno.

Os nosos ollos falan por nós.

Un equipo de investigadores do University College de Londres, a Universidade de California Merced e a Universidade de Lund (Suecia) explican que as nosas decisións morais poden ser influenciadas seguindo o movemento dos ollos no momento da deliberación. Ou sexa, creen que as decisións morais, as que se supón que son estables porque existen nas nósas mentes, poden surxir no momento de tomalas como resultado da nósa intyeracción co entorno.

Os investigadores empregaron un sistema de seguimento de ollos para vixiar a mirada dos voluntarios no momento de tomar unha decisión complexa (“pode ser xustificable participar nun asasinato?”). Poñían nunha pantalla dúas opcións (“ás veces” ou “nunca”, seguindo co exemplo anterior) e deixaban que os participantes as mirasen libremente.

Seleccionouse para cada pregunta unha alternativa ó azar. Cando o sistema rexistraba que os participantes miraran un determinado tempo esta alternativa, pedíaselles que respondesen inmediatamente. Os resultados, publicados na revista Proceedings of the National Academy of Sciences, amosaron que o 58% dos participantes optaron pola alternativa seleccionada ó azar, en lugar do 50% sen manipulación.

Os participantes foron influenzados sen presentar argumentos ou información. Por isto, os investigadores suxiren que o proceso de tomar unha decisión moral entrelázase co proceso de mirar o mundo. É dicir, que os procesos de decisión das persoas están reflexados nos seus ollos.

Daniel Richardson, un dos investigadores, di que xa se sabía que os patróns da nosa mirada revelan o que poderiamos elixir estando ante dúas opcións. O que se cre é que controlando exactamente cando alguén toma unha decisión, pódese influir nela.

É inquietante o que conta o investigador Petter Johanson: hoxe en día, os nosos teléfonos móviles teñen sensores, incluidos algúns capaces de realizar un seguimento do movemento dos nosos ollos. Así, mediante pequenos cambios no noso comportamento, estes dispositivos poden influenciar as nosas decisións dunha forma que antes non era posible.

A menopausia das baleas.

A menopausia é un dos grandes misterios da natureza. So a teñen tres especies no mundo: as orcas, as baleas e os seres humanos. As femias destas especies viven moitos anos despois de deixaren de ter fillos. Por exemplo, as orcas reprodúcense entre os 12 e 40 anos, pero poden vivir ata os 90. Uns investigadores da Universidade de Exeter e York descubriron que estas anciás son útiles ó grupo porque lles axudan a atopar comida nas peores épocas. Ou sexa, a sabiduría destas velliñas evita a morte da familia. A investigación pode axudar a descubrir cousas na especie humana.

Outros estudos demostraron que as femias menopáusicas axudan a sobrevivir ós fillos e netos, crese que porque almacenan información vital sobre o ambiente no que viven e o comparten cas familias cando escasea o alimento. Así, as máis vellas convírtense nas líderes, sobre todo nos anos difíciles, cando hai menos salmón (que é do que se alimentan).

Os investigadores cren que pasou o mesmo cos humanos. Como non desenvolvemos a escritura ata moi tarde, a información almacenábase no cerebro das persoas. As de máis idade, lóxicamente, eran as que máis coñecementos tiñan e eran quenes de atopar comida nas etapas duras e perigosas, como as sequías.

A teoría de que as mulleres menopáusicas gardan o coñecemento ecolóxico é difícil de probar nas poboacións humanas modernas, pero as orcas poden axudarnos a entender como evolucionou a menopausia na nosa especie.

O profesor Darren Croft, da Universidade de Exeter, explica que a menopausia é adaptativa. Nas familias de cazadores-recolectores, as mulleres menopáusicas axudan e aumentan a transmisión dos seus xenes, mediante o intercambio de alimentos. Tamén comparten un dato clave, a información.

Os investigadores atoparon tamén que as femias proporcionan máis axuda ós fillos que ás fillas, xa que eles teñen máis potencial para transmitir os seus xenes, pois aparéanse fóra do grupo, e deste xeito, a súa descendencia non compite polos recursos dentro da familia da nai. Por isto, di Daniel Frank, os machos seguen máis ás súas nais que a outras femias.